speaker-photo

The Lazy Jumpers

Banda de blues e rhythm & blues

En 2002, a Blas Picón e Mario Cobo ocorréuselles crear unha banda que puidese mostrar que o blues pode ser intenso sen ser aburrido. Coa inspiración dos clásicos dos anos 40 e 50, The Lazy Jumpers crea un universo propio dentro deste estilo musical, cun repertorio orixinal, sempre comprometido coa premisa de facer de cada actuación un evento para gozar intensamente. Tras unha década dedicados aos seus proxectos musicais persoais, decidiron volver reunir á banda para realizar unha xira que recalará no Sarria Blues no Camiño, cunha descarga do mellor blues e ryhthm & blues.

22:30 - Praza de Sta. Mariña

Venres 5 agt.

«Luscofusco Blues»

Concerto de Hernan Senra "Chino" e The Lazy Jumpers na praza de Santa Mariña.