speaker-photo

Sweet Marta & Johnny Bigstone

Blues tradicional

Este dúo acústico de blues e música tradicional americana, é perfectamente capaz de trasladarnos a finais do século XIX e principios do XX para recoller as esencias da música dos escravos negros das plantacións, co seu aire melancólico e as súas duras letras sobre problemas persoais e sociais, e ademais levarnos da man polos primeiros anos do blues, con temas de pioneiros do Delta Blues, Piedmont Blues e Old Time Country, como Jazz Guillum, Reverend Gary Davis, Blind Lemon Jefferson, Blind Blake e outros. Toda a garra do blues primitivo na voz e a harmónica de Marta e na guitarra e a voz de Johnny, un veterano do blues español.

12:00 - Campo da Feira

Sábado 6 agt.

«Blues a Feira»

Concerto de Sweet Marta & Johnny Big Stone.