speaker-photo

Francisco Poy

Escultor e grabador

Escultor, gravador e ceramista, con catro décadas de experiencia ás súas costas, expón a súa obra «Compases y Figuras. Estampas de Blues». Nove historias, nove cancións, nove gravados que nos transportan cara aos sentimentos máis íntimos da música afroamericana. A esencia das vellas gravacións en microsurcos, revisitada desde a técnica clásica do gravado calcográfico. A lousa, o vinilo, os sons, a tinta e o papel, danse cita  neste percorrido pola dimensión máis universal do blues, que xa formou parte da programación de festivais tan prestixiosos como o Benicasim Blues, O Ciclo de Blues & Boogie de L'Hospitalet e o Festival Blues & plus de Lleida.