speaker-photo

Louband

Banda rueira

Uns auténticos todo terreo capaces de entusiasmar a calquera tipo de público co seu espectáculo rueiro. Fusionan instrumentos con amplificación como trompetas, saxofones, teclados, guitarras, baixo e percusión a pé de rúa, onde debullan un  repertorio adaptado á idea de animar calquera evento, apostándoo todo a contaxiar ao público coa súa enerxía. O rock, o pop, o ska, os boleros, os temas ochenteros ou as cancións populares, soan a festa salvaxe na interpretación da Louband, unha banda integrada por sete profesionais da música que son garantía de bo son e diversión sen límite.

19:00 - Pasarúas

Venres 5 agt.

«Ruada Second Line»

Pasarúas a cargo de Louband.