speaker-photo

Carles Pericás

Fotógrafo

Artista visual e fotógrafo nómada que vive e traballa nunha autocaravana, en lento pero continuo movemento. A súa obra cuestiona o visible, o ideal e o predicible, mentres visibiliza unha dimensión crítica na relación entre o home, o tempo e o consumo globalizado. Con ォEl Adiós de Buena Vistaサ documentou o día a día da última xira mundial da banda cubana Buena Vista Social Club, tras o lanzamento a finais dos anos 90 do disco homónimo de Ray Cooder. Trátase dun documento único cunha familia musical onde se comparten momentos íntimos en máis de 40 concertos, innumerables viaxes, hoteis e camerinos de todo o mundo.