1ª parada do Sarria Blues no Camiño

 1ª parada do Sarria Blues no Camiño

O festival Sarria & Blues no Camiño, celebrará a sua xornada de inauguración nun escenario que define perfectamente o espírito da súa lema «Un cruceiro no crossroad». Será no máis alto do pobo, á sombra da torre do vello castelo, á beira da Iglesia románica de San Salvador, que leva máis de sete séculos vendo pasar peregrinos polo Camiño de Santiago. Aí hai un cruzamento de camiños, e aí actuará o primeiro músico do festival, Sebastopol, un espectacular home orquestra da Aquitania francesa, que recupera o espírito dos primeiros músicos de blues que actuaban e montaban espectáculos na rúa para gañarse a vida.

Pero iso será despois da presentación oficial do festival e a inauguración da exposición colectiva de arte, que se exhibirá no antigo cárcere local, un marco tamén intimamente relacionado co blues, que se converteu nunha vía de escape para os afroamericanos que durante anos acabaron en prisión por mor da segregación racial. A exposición esta integrada por obras do pintor Pepe Farrés, o escultor e gravador Francisco Poy e o fotógrafo Carles Pericás.